O BNG Comarcal inicia este sábado no Porriño a preparación dos comicios locais de 2011.
Francisco Chivite, Responsábel Comarcal
O BNG decidiu facer coincidir o inicio dos traballos desta Comisión coas vísperas da debate da moción de censura contra o goberno municipal do Porriño para mostrar o recoñecemento e apoio de toda a organización comarcal ao traballo feito polas/os compañeiras/os do Porrño durante estes seis anos de xestión, nos que os nacionalistas da vila do Louro acadaron o recoñecemento dos seus con-cidadans que os colocaron ao fronte do goberno municipal por ser a forza mais votada, recoñecemento que non van ser quen de desacreditar os impulsores dunha moción de censura inxustificada.
A posición de primeira forza que nas últimos comicios locais acadou o BNG non só no Porriño, se non tamén en Salceda de Caselas (onde temos a alcaldía) e Ponteareas, permítelle ao Bloque saír de cara ás eleccións locais de 2011 en condicións de disputarlle ao PP a hexemonía electoral no conxunto da comarca, onde hai que lembrar que o BNG xa é segunda forza política. Os nacionalistas aspiramos non só a manter a alcaldía en Salceda de Caselas, se non a recuperar a do Porriño e a acadar as de Ponteareas, Mondariz e Salvaterra de Miño entre outras.
Tras a sesión de traballo interno de constitución da dita Comisión, ás 19:30hs, celebraremos no salón de actos da Casa da Cultura do Porriño o “Encontro Municipal Comarcal” no que participará a totalidade dos concelleiros/as e os cargos orgánicos do BNG da comarca, o “Encontro” que estará aberto aos medios de comunicación contará coas intervencións políticas de: Franciasco Chivite (Responsable-Portavoz Comarcal), Raúl Francés (Alcalde do Porriño) e Guillerme Vazquez (Portavoz Nacional do BNG).
A xornada rematará coa realización dunha “foto de familia” coa que pretendemos escenificar o forza do municipalismo do BNG no Condado-Paradanta e Louriña así como o arroupe de toda a organización ao actual goberno do Porriño.