Festa Nacionalista do Condado

Cartaz da Festa Nacionalista do Condado

Domingo 20, a partires das 12 horas, dará comezo no Parque de San Roque, en Ponteareas, a Festa Nacionalista do Condado, cun variado programa de actos lúdicos, festivos e políticos, que podes ver deseguido.

Programa

·         Apertura de postos e exposicións:

Cartaces históricos do nacionalismo galego (organización).

Proxectos de colaboración internacional da CIG (Confederación Intersindical Galega)

               Libraría CITANIA

               Libraría NOVA

·         Servizo de Bar e posto de polvo á feira.

·         Música ambiente.

·         1ª Proxección audiovisual:  Veas de auga(12´)

Traballo de X.M. Albán presentado no “Foro Social Galego 2008”

·         Brinde de benvidaSaúda do Responsable Comarcal do BNG ás organizacións locais, grupos municipais, alcaldes do BNG, organizacións e persoas convidadas.

·         Xantarservido por“Casa da Triga”.

·         Música ao vivo“Os Folieiros de Lavadores”

·         Palestra de sobremesaPatrimonio inmaterial Contos de tempos pasados”.

o       O estraperlo na comarca.

o       Os vellos xogos populares

o       Outras historias .

·         Intervención política a cargo deAlfredo Suarez Canal.

·         Proxeccción audiovisual:  Veas de auga (12´)

·         Música ao vivo Os Folieiros de Lavadores

·         O Paterio (A Billarda): Exhibición participativa do xogo da Billarda.

·         Música ao vivo“Os Folieiros de Lavadores”

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]