BNG critica a falla de previsión e de xestión do Goberno local
Narón, 6 de xullo de 2010.- a prensa local facíase eco o pasado venres da decisión do Concello de Narón de pechar a piscina municipal no mes de Xullo, así coma do anuncio da imposibilidade de solicitar as axudas para o soterramento das liñas de Alta Tensión pendentes en Narón.
Dende o Bloque Nacionalista Galego queremos censurar a actitude do rexedor local de non aceptar a suxerencia da maioría dos integrantes do Concello-Pleno, que acordaron o pasado día prexudicando así aos usuarios e usuarias, que un ano máis verán recortada a oferta de ocio e saúde; non parece de recibo, sendo este o motivo da moción, que un Concello de 35.000 habitantes peche a única piscina pública durante 3 meses.
Para o BNG a xustificación do peche corresponde a unha falla de previsión do goberno local, ao igual que é produto deste mesmo feito e á falla de capacidade na xestión que o Concello non poda solicitar a subvención para o soterramento das liñas de Alta Tensión.