o BNG denuncia que o concello de Mos deixa a disciplina urbanística de lado
Tras recibir o BNG de Mos a denuncia dun veciño sobre unha infracción urbanística, queremos sacar a luz pública o comportamento que desde o concello se está a levar a cabo, e que non deixa en bo lugar aos políticos do PP que están a gobernar.
A cuestión urbanística sempre é algo difícil, xa que tes que enfrentarte directamente aos intereses dos cidadáns. Pero para algo os políticos son elexidos, e como as leis que rixen as cuestións urbanísticas están meridianamente claras, hai que facelas cumplir, xa que hai moitos cidadáns que si as cumplen, e por respecto a eles hai que actuar de xeito contundente e claro.
Nestes momentos, hai 10 expedientes que logo de trascurridos os tempos xurídico-urbanísticos pertinentes, ( reclamacións dos expedientados, recursos varios, e por suposto sentencias firmes de derribo), están sen levar a cabo. Estase esperando a que as persoas que denunciaron inicialmente, acudan ao contencioso para que un xuiz obrigue ao concello á execución subsidiaria da sentencia. Ou sexa, que ten que ser un xuiz o que obrige ao concello a facer o seu traballo . Mentras non exista esa orde directa, o concello fai caso omiso do seu deber. Mal exemplo damos aos cidadáns se o propio concello non fai os seus deberes.
O traballo que se realiza por parte dos funcionarios e persoal de urbanismo, é correcto, pero falta a decisión política de dar o último paso.
Un dos casos máis sangrantes é o da a nave que está frente a oficina de correos de Mos. Ten sentencia firme de derribo desde o ano 2009, logo de varios recursos iniciados no ano 2005. E estamos a día de hoxe e seguimos igual que hai 7 anos. Calquera que pase pola zona pode ver como unha torreta de Fenosa sae polo medio do tellado desta nave, algo absolutamente esperténtico.
Hai que facer cumplir a legalidade urbanística de xeito eficaz, e por suposto, menos fotos, que para eso si anda apurado o goberno local.