O concello de Mos plégase aos intereses de Novacaixa
Día tras día estamos a ler as protestas indignadas dos usuarios de banca que se ve viron estafados polas participacións preferentes. Desde a Xunta de Galiza, apostouse de xeito descarado pola solución do arbitraxe, unha solución que só convén á entidade bancaria que causou todo este dano.
Para acudir ao arbitraxe teñen que aceptar ambas partes, polo tanto a entidade bancaria só vai aceptar aqueles casos que sabe claramente que ía perder se vai a xuizo, polo que ademais se aforra os custes do xuizo que de seguro perdería. Esta solución só lle convén a aqueles que están plegados aos intereses da banca de xeito tan descarado como o PP.
Desde Mos, como non podería ser doutro xeito, fan seguidismo das políticas que lle mandan desde Santiago, e sen rubor abren unha oficina para que se acollan á arbitraxe os afectados e afectadas do noso concello. Según as noticias que se len, esta oficina, como novedade, ate parece que vai ter ordenador e conexión a internete, se non fora pola seriedade do tema sería para tomar a noticia en broma.
O BNG de Mos aposta de xeito claro e definitivo, por unha solución global, unha solución que atinxa a todoas e todos os afectados, e que só pode pasar pola devolución de todo o capital invertido nestas participacións preferentes.
Dividir aos afectados só pode traer como consecuencia o debilitamento da súa forza, e por ese camiño parece coller o PP, que como no ámbito estatal, sirve de xeito claro aos intereses da banca, deixando de lado aos cidadáns