O PP do concello de Mos, incita á ludopatía a menores de edade
En verdade non cesamos de sorprendernos co xeito de gobernar do PP, é incrible pero certo, a concellería de Participación Cidadá, a través da OMIX, crea o I Torneo de poker do concello de Mos, un torneo que como se ve, ten visos de continuidade, e que poden ter participantes a partires dos 14 anos.
En verdade quedamos sen palabras para calificar este tipo de actuacións, os 30.000 euros que cobra a concelleira sabiamos perfectamente que están moi mal empregados, pero esto sobrepasa o límite.
Ademais de funcionar a concellería como axencia de viaxes, agora xa imos potenciar entre os nosos mozos e mozas, as ansias por xogar, imos crear as bases para unha ludopatía; pode que sexa esta a saída a crise que se lle dá aos nosos mozos e mozas , xa que o PP destrúe os empregos , dilles que o que lles queda é ter sorte nos xogos de azar.
O Eurovegas madrileño está vendo como desde Mos, se lles está creando os futuros clientes para ese centro de xogo , a non ser que se pretenda crear outro na nosa zona.
Sinxelemente é vergoñento, que desde unha institución se potencie o xogo. O BNG de Mos está totalmente en contra de que neste tipo de actividades, e máis se poden participar menores. O mínimo que pode facer a concelleira Raquel Monzón é dimitir do seu cargo, que xa o podería ter feito antes debido ao labor que leva desempeñando, pero este caso xa o consideramos suficientemente grave por si só, como para que deixe a súa representación pública.