O BNG denuncia o gasto en viaxes de Nidia Arévalo
O Bng de Mos xa ven denunciando desde hai tempo o gasto que se realiza neste concello no que respecta á partida de dedicacións exclusivas; pero agora queremos facer fincapé, nos gastos que entre todos e todas lle estamos a sufragar a Nidia Arévalo, cada vez que ten que ir a unha reunión da Federación Española de Municipios e Provincias( FEMP).
Para este cargo non foi elexida polos cidadáns de Mos, se non que foi o PP quen decidiu que ocupara o posto de vogal da Comisión de Función Pública e RRHH. Un posto de elección partidaria e que temos que pagar entre todos, ate o de agora levamos desenvolsados 1.500 euros en billetes de avión polo desplazamentos que ten que realizar cada vez que ten unha reunión en Madrid.
Os habitantes deste concello non imos sacar ningún rendemento destas viaxes, nin do seu labor nesta comisión, pero de seguro que, quen vai sacar rendemento vai ser ela , xa que lle vale como medre politico dentro do seu partido.
Como xa dixemos unha vez, moito non ten que aportar a este posto, xa que o vagaxe económico desastroso deste concello, a precede. Polo que debido a historia que ten, de seguro non está nese cargo polo exemplo que poida representar para ningún outro concello do estado
Temos suficientes problemas económicos en Mos, como para tamén ter que pagarlle á alcaldía os traballos que fai para afianzar o seu futuro político dentro do PP.