A xunta electoral multa a Nidia Arévalo e a Agustín Hernández

Ao comezo da campaña electoral, e como ten costume o PP de Mos, con Nidia Arévalo á cabeza, pasou das leis electorais e fixeron un acto institucional non permitido, dentro dun período no que están expresamente prohibidos.
Nidia Arévalo é sabedora desa prohibición, pero aínda así fixo o paripé de asinar un acordo co conselleiro Agustín Hernández, onde se anunciaba unha inversión para este concello. O querer sair na foto é superior ás súas forzas, e xa nas eleccións municipais cometeran a mesma desfachatez, e foi multada por elo; pero non aprendeu a alcaldesa nese momento, e agora foi multada con 300 euros ela, e máis outros 300 euros o conselleiro, por “ contravir de xeito notorio as normas”, según palabras textuais da xunta electoral provincial.
Puideron gañar as eleccións, pero con cousas coma estas, demostran o que eles pensan das leis e do sistema democrático.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]