O BNG lémbralle ao goberno do PP, que hai máis xeitos de aforrar

A nota de prensa do PP sobre a sinatura dun contrato pechado de suministro de materiais para a concellería de Vías e obras, só se pode enmarcar dentro do período electoral no que estamos inmersos. Esta noticia electoralista, desmóntase de xeito inmediato se o goberno se lembrara do que constantemente lle está decindo o BNG, e nunca mellor dito xa que neste último pleno, desde o nacionalismo démoslle o xeito de aforrar nin máis nin menos que 100.000 euros.
Ao presentar a nosa moción onde se pretendía reducir as dedicacións exclusivas e o salario da alcaldía, e ao ser rexeitada polos votos negativos do PP, así, deste xeito demostra o goberno que realmente non está interesado en reducir gastos.
Tampouco reduce gastos cando pagamos entre todos as viaxes de Nidia Arévalo ás reunións da FEMP en Madrid, 1.200 euros dos que os cidadáns de Mos non imos sacar rendemento nengún.
Tampouco pagando carpas para festas, xantares aos empresarios, publicidades nos medios de comunicacións, pagando 15.000 euros ao mes a unha empresa que limpa balados e deixa caer os restos ao chan, pagando bandas de gaitas que veñen aos actos do noso concello, e que temos que pagar a pesar de contar con numerosas bandas de gaitas no noso concello.
Con todo esto non se aforra, e o que si podemos asegurar é que este goberno do que si sabe, é da propaganda, de sair nos medios aínda que sexa por nimiedades, por calquera vanalidade. Informou o goberno do que se lles pode vir enriba aos veciños de Herville co permiso de investigación mineira que está en exposición pública? Eso non debe ser moi importante para o PP.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]