O BNG de Mos e O Porriño alarmados polo permiso de prospeccións mineiras na Serra do Galiñeiro

No DOG número 177 do luns 17 de setembro do 2012, aparece unha resolución da Consellería de Economía e Industria, na cal se se somete a información pública o permiso de “investigación” na Serra do Galiñeiro, concretamente nos concellos de O Porriño e Mos.
Desde o BNG de Mos e O Porriño, estamos seriamente alarmados ante a teima que desde a Xunta se ten coa Serra do Galiñeiro, se por un lado están as empresas da enerxía eólica esperando para destrozar o noso medio natural, agora aparece unha empresa de Badajoz, que pretende facer unha investigación para ver se atopa recursos de minerais de “tierras raras”.

Esta empresa solicita un permiso de tres anos de duración, no cal investirá arredor de 300.000 euros. Como se pode comprender calquera empresa non vai invertir este diñeiro para só facer unha investigación. De atopar recursos minerais suficientes , teriamos ás portas unha explotación mineira en toda regla. Queremos lembrar que esta empresa traballa para unha multinacional mineira con base en Sudáfrica

No concello de Mos vese afectado a zona de Herville ( parroquia de Cela), e no concello de O Porriño serían as parroquias de parroquias de Chenlo, Pontellas (lugar da Abelenda), Mosende (lugar da Costeira), e Torneiros (lugar de Casal de Vello).
Desde as nosas organizacións estamos informando aos veciños e veciñas afectados, comunidades de montes e asociacións, que neste momento carecen de todo tipo de información por parte da Xunta de Galiza.
A Xunta parece estar deixando pasar o tempo, xa que calquera alegación debe ser feita antes do mes da publicación, polo que antes do día 17 de outubro deben presentarse calquera tipo de alegación a esta psolicitude de permiso.

Desde o BNG de O Porriño e Mos, solicitamos que o espazo de Rede Natura 2000 que protexe ao Parque Natural do Monte Aloia, sexa extensíble a todo o cordal da Serra do Galiñeiro, baixo a lóxica de pertenceren a un mesmo ecosistema. De non facerse así veriamonos expostos a que outra empresa calquera veña a sacar proveito dos recursos naturais, sen importar en absoluto o destrozo ao ecosistema.

Por suposto estamos totalmente en contra de que se dea calquera permiso para unha investigación deste tipo. Un permiso que afecta a unha zona habitada dos nosos concellos, e cun valor paisaxístico enorme e incuestinable.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]