O PP e o Psoe póñense de acordo para que non se respete a data da solicitude do enganche á hora de cobrar a taxa de saneamento

Como dixemos nunha anterior nota de prensa, debido as obras que se levan realizando na rede de saneamento durante todos estes anos, e debido tamén a apertura da EDAR de Guillarei, estanse levando a cabo moitos enganches a esta rede de saneamento nestes momentos. E por eso que están aflorando algúns problemas á hora de realizar o pago correspondiente á taxa de conexión.

O BNG entregou en maio por rexistro, un escrito onde se insta ao goberno municipal a que a data de referencia para efectuar o pago da taxa que corresponda ao enganche, sexa a data de solicitude, e non a data de conexión real.

Nesas datas, o Psoe entrega unha moción na que solicita que non se respecte esa data de solicitude, salvo nos casos nos que existira naquel momento xa rede de saneamento en funcionamento, casos estos moi raros.
Ademais contempla que se debe cear un protoclo de actuación a partires de agora para que só se poda solicitar o enganche no caso de existencia real de saneamento.
Comeza entón unha negociación entre os tres portavoces dos grupos municipais, na cal concordamos en que a partires de agora se regule, pero só o PP e o Psoe están de acordo no resto da moción.

Este problema que saltou nestes momentos, o BNG de Mos considera que é debido á suba de impostos que de xeito unilateral fixo o PP, e que levou a un incremento da taxa de enganche a sumidoiros. De non haber esta subida, non tería habido problema, nin queixas, polo que a culpa é da política económica do PP, que segue a gravar as economías dos cidadáns para pagar os seus desmáns.
Ademais, durante os 3 anos e medio que levan gobernando, adicouse o PP a facer propaganda e a ir decindo por todo o concello que o problema de saneamento ía estar solucionado, polo que as persoas podían contar con enganchar. Esto levou obviamente a que os cidadáns, ante esta espectativa, foran a solicitar o enganche da súa casa á rede de saneamento.

Polo tanto, ante estas razóns o BNG de Mos non pode estar de acordo co resultado da votación que se deu no último pleno, onde o PP e o Psoe se puxeron de acordo e votaron a favor da variación da ordenanza de saneamento. Este voto positivo é dar a razón á subida de impostos, e dar á razón á propaganda continua do PP, e é deixar aos cidadáns indefensos ante un concello que ate estos momentos non tiña regulado o proceso de solicitude de enganche aos sumidoiros.
Os cidadáns non teñen a culpa de que o concello non fixera ben as cousas, non teñen a culpa de que se admitiran solicitudes sen que o goberno lle tivera respostado nada.

Por todo o dito, o BNG de Mos pensa que se lle debe de respectar a data de solicitude do enganche aos cidadáns para aplicar a taxa que nese momento estivera vixente .

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]