O goberno local faise a un lado na xestión dos cursos ocupacionais
É algo coñecido por todo o mundo, que ao PP non lle gusta que o control e a xestión dos servicios públicos estea en mans de persoal da función pública, e somos sabedores da súa querencia polo privado, cousa que estamos a sufrir tanto en Galiza como agora en Mos.
Por desgraza, desde o BNG de Mos, cremos que ceder a xestión dos cursos ocupacionais é un paso máis para desfacerse, aos poucos, da xestión dos servizos do concello. Xa non chega con que a asociación de empresarios AEMOS, non pague aluguer polo local que ocupa no CDL, non chega con que non pague nin luz nin teléfono, e que ademais se lle ceda persoal do concello para os seus labores, non chega con todo eso que por riba se lle vai cedendo todo o relativo ao emprego, tanto á xestión da formación como a búsqueda de emprego.
Ante o desacordo do BNG sobre a permanencia dos empresarios no CDL, o goberno nos contesta que os cursos que dá esta asociación, xeneran ingresos ao concello polo aluguer das aulas. Obviamente, solo faltaba que incluso non tiveran que pagar polo uso dunhas instalacións que todo o mundo debe pagar se as quere utilizar. É sinxelo realizar calquera tipo de traballo se todo lle sae gratis. Todo esta situación por suposto é debido as actuacións pasadas desta asociación, e como non , tamén por dar cabida e un salario, á persoa que propiciou a lamentable situación que vivíu o concello hai case 4 anos, só así podemos explicar este trato de favor.
Esta situación é lamentable, a presencia de AEMOS no CDL debe rematar de xeito inmediato, así como os funcionarios do concello deben realizar o traballo para o que están perfectamente preparados, tanto na organización dos cursos coma no labor de axuda na búsqueda de emprego, e se os membros do goberno non saben ou non se sinten capacitados, o que deben é dimitir do seu cargo.


