Mondariz perde unha subvención para un coche da Policía Local.

A subvención xa fóra aprobada pola Xunta de Galicia quen aportaba 15.000 euros para a obtención dun Citroën C4 dotado cunha ponte luminosa, luces xiratorias, amplificador de sirena, altofalante e cartelería homolagada. Asimesmo, esixíase o mantemento, conservación, seguro e unha aportación da administración local, neste caso o 25% do total, 5.000 euros

Sen presuposto

Pola súa parte, a portavoz do BNG en materia orgánica, Mónica Peralba, denuncia que "se o Concello de Mondariz tivese aprobados os orzamentos do ano 2008, como obriga a lei, e se o goberno municipal do PP gastase con cabeza, Mondariz tería un novo vehículo para a Policía Local ao servizo da cidadanía".

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]