O alcalde de Cerceda desminte o anuncio da construcción en Mondariz do Circuito Galego

O alcalde de Cerceda, José Liñares, reaccionou con incredulidade a unhas declaracións feitas polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, nas que afirmaba que Mondariz albergará un circuito de velocidade, que se empezará a construir en 2009 e estará finalizado no 2011.

"Iso é imposible porque quen ten que tomar a decisión é a Xunta e nin tan sequera recibiu a solicitude. Eu, aínda que tivese os cartos, non o podería facer, porque depende deles. Fai falta recalificar os terreos e redactar o proxecto. Nada diso se fixo en Pontevedra», apunta Liñares.

Respecto a posibilidade de que citroën aportara parte dos 30 millóns de euros que é preciso invertir na zona comprendida entre os concellos de Pazos de Borbén e Mondariz, o rexidor cercedense tamén se mostra moi crítico. «Citroën non vai poñer os cartos. Iso está claro, como moito aproveitarao para probar os coches pero nada máis», sinala.

A Deputación de Pontevedra que está disposta a ceder o seu uso a todo aquel que o solicite por un prezo razoable, xa dispón, según o seu presidente, de 200 hectáreas de terreos con propietarios que xa se comprometeron a cedelos.

En canto ao proxecto de Cerceda, no que se produciron avances considerables nos últimos tempos e Liñares recoñece que, na Deputación de A Coruña, donde el é responsable de Deportes, o tema está parado. O seu traballo, nestes momentos, concéntrase en obter recursos económicos. «Nas próximas semanas reunireime cun empresario de total solvencia que está disposto a financiar unha parte importante do proxecto», asegura.

O alcalde, que segue defendendo con total convecemento a opción de cerceda, elude a posibilidade de entrar en controversias co ente pontevedrés pero achaca o anuncio feito por Louzan a intereses políticos.

«Son ganas de buscar polémica e punto. O resto non é máis que vender fume. El pode dicir o que queira como tamén o podo decir eu. A realidade é que o único que hai, polo momento, é un estudio de viabilidade, porque coñezo á persoa que o fixo», dice Liñares, quen afirma que lle desaconsexou esta opcion ao propio presidente. «Eu díxenlle que non o fixese, que esperase a ter unha confirmación da Xunta porque ese tipo de informes custan moitos cartos».

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]