Novas
Guillerme Vázquez chama a frear a privatización dos servizos sociais e ataca "as receitas neoliberais" do Goberno Feijóo
O Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reiterou o compromiso firme dos nacionalistas a prol dun sistema público de Servizos Sociais fronte ao modelo privatizador que está tentando impoñer o goberno do Partido Popular e defende, para saír da crise, frear esta privatización, “meter en cintura” os mercados financieiros e apostar por unha “banca pública”. [+]
O BNG denuncia a entrevista de Rajoy na Radio Galega como unha nova mostra da confusión de Feijóo entre os medios públicos e os medios ao servizo do seu partido e da súa dirección en Madrid
Melide, 27 Agosto 09.- O Bloque Nacionalista Galego pedirá explicacións no Parlamento pola entrevista emitida onte na Radio Galega co líder da oposición no Estado, Mariano Rajoy, polo que consideran é un paso máis na escalada de confundir os medios públicos con medios a disposicion non só dunha forza política senón tamén da súa dirección en Madrid. [+]
Dar resposta aos problemas reais da xente e acadar un novo consenso sobre financiamento, obxectivos do BNG para o inicio do curso no Parlamento
Melide, 27 Agosto 09.- O portavoz do g.p do BNG, Carlos Aymerich, avanzou hoxe que esta formación polítíca centrará o seu traballo no próximo período de sesións en impulsar iniciativas que obriguen ao Goberno a dar respostas claras á situación de crise económica que padecen os cidadáns galegos e negociar un novo consenso e unha posición ambiciosa de financiación autonómica que garanta os recursos que precisan os servizos públicos do País. [+]
O BNG de Melide denuncia a falta de transparencia do goberno local que incumpre a lexislación de acceso á información
O goberno de Ángeles Vázquez está obrigado por lei a facilitar as preguntas que a oposición presentou en tempo e forma antes do pleno.
A alcaldesa negouse a responder sobre cuestións como que cantidades leva gastado o goberno do PP en indemnizacións por despidos, a existencia de pagos en efectivo, ou o recadado pola suba das taxas municipais. [+]
O Goberno Local do BNG investiu máis de 100.000 euros nas instalacións do campo de futbol nos tres últimos anos.
A reforma completa dos dous vestiarios, a construcción de dous novos, a renovación do subministro de auga quente e novo mobiliario foron os investimentos máis importantes. [+]