O PP de Melide ignora a Casa da Cultura nos orzamentos do Estado

O Grupo Municipal do BNG quere denunciar un novo engano do Partido Popular de Melide con motivo dos orzamentos do Estado, e a completa desidia do goberno de Ángeles Vázquez polos intereses de Melide.

O PP de Melide volve enganar ao poboO mes pasado, a rexedora popular anunciou na prensa que presentarían unha emenda aos orzamentos para que se incluíse “unha partida de 120.000€ cos que poder dar de alta todos os servizos e abrir as portas da Casa da Cultura”. Unha vez rematado o prazo para a presentación de emendas aos presupostos do Estado, o Bloque Nacionalista Galego vén de constatar que unha vez máis o Partido Popular mente aos veciños, xa que os populares non presentaron ningunha emenda na que se mencione nin solicite nada para a Casa da Cultura de Melide.

O voceiro do BNG de Melide, Xosé María Santín, denunciou que “as mentiras á veciñanza anunciando unha actuación que non se tiña intención de facer, e a completa desidia polos intereses de Melide confirman a total incapacidade do goberno de Ángeles Vázquez por sacar adiante a xestión do Concello de Melide”.

Santín denuncia as mentiras de Ángeles VázquezSantín lembrou que o anterior goberno do BNG conseguira incluír nos orzamentos do Estado de 2011 unha partida de 500.000 € para o remate da Casa da Cultura, pero que co cambio de goberno no Concello, “o PP non foi capaz de asinar o convenio e defender esa partida presupostaria para Melide, a aínda por riba negou a súa existencia, que o BNG tivo que acreditar con documentación oficial dos presupostos do Estado”.

Dende o grupo municipal do BNG esixen ao Partido Popular que recoñeza publicamente a súa incapacidade para defender os intereses de Melide e da súa Casa da Cultura, como hai un mes anunciaban que presentarían unha emenda, e que nunca chegou.

O BNG é a única organizaciíon política que se preocupa por MelideO Bloque Nacionalista Galego foi o único que pediu para Melide nos orzamentos do Estado, solicitando a inclusión dunha partida de 500.000€ para a Casa da Cultura.

Santín insistiu en que “a completa desidia e a ineficacia do goberno local do PP polos intereses de Melide súmase a que están máis pendentes das ordes que reciben do goberno de Madrid ca dos propios intereses dos melidenses”, e lembrou que “o BNG é o único que non ten máis intereses ca os dos veciños, xa que non recibe ningún imperativo do goberno central que, coma neste caso evidente, prexudican á nosa veciñanza”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]