O BNG denuncia a entrevista de Rajoy na Radio Galega como unha nova mostra da confusión de Feijóo entre os medios públicos e os medios ao servizo do seu partido e da súa dirección en Madrid
A deputada nacionalista Ana Pontón considera que non hai moitos precedentes dun “atentado contra o pluralismo” destas caractarísticas e lembrou que unha das obrigas da CRTVG, por lei, é crear un espazo de comunicación en Galiza, que dea conta da realidade galega, “non inaugurar o curso político co líder da oposición en Madrid, mentres a oposición galega non goza do mesmo tratamento”.
Para a parlamentar, a Radio Galega incumpriu, por tanto, con esta entrevista de 30 minutos de duración, coa que de seguido se abriu o informativo das 10.00 h, os principios de programación que regulan a Compañía, de ahí que o BNG vaia pedir explicacións na Cámara.
Pontón pregúntase onde quedan as demandas que facía Núñez Feijóo cando estaba na oposición duns medios públicos plurais e os seus compromisos ao respeito cando tomou posesión como presidente, “esqueceuno rapidamente, fica demostrado que eran compromisos baleiros de contido para, realmente, exercer un control férreo dos medios para poñelos ao servizo do PP e da súa dirección en Madrid”.