Mitin do BNG en Malpica: Jorquera e Regueira desmiúzan a grande farsa na prensa sobre o BNG
Roberto García suliñou a necesidade de procurar a verdadePresentou o acto o voceiro do BNG en Malpica, Roberto García, que suliñou a necesidade de procurar a verdade por riba do que se nos impón a través dos medios de comunicación, de observar os feitos e xuzgar partindo deles e non das opinións infundadas de outros. Tamén deu un breve repaso á falta de interese por parte do consistorio malpicán en todo o relacionado coas necesidades sociais dos cidadáns.
As melloras en Benestar repercuten inmediatamente na calidade de vida da cidadaníaXosé Regueira, número 9 na candidatura ao Parlamento de Galiza, presentou, coa contundencia e claridade que o caracterizan, os retos de futuro para a vindeira lexislativa e as liñas de traballo marcadas polo BNG para continuar o labor iniciado nos anos anteriores. Especial relevancia mereceron os labores realizados na mellora das infraestruras vencelladas ao Benestar, que implican necesariamente unha mellora inmediata da calidade de vida das persoas, como as Galescolas e os Centros de día públicos, dos cales careciamos absolutamente ata a chegada do BNG ao goberno de Galiza, así como os proxectos en marcha dirixidos a preservar, dinamizar e impulsar os bens culturais e a actividade artística.
As adxudicacións enerxéticas concedíanse antes a especuladoresPor último Jorquera dirixiu o seu lúcido discurso á análise dos obxectivos acadados na comarca, como a tan desexada concentración parcelaria en Cerqueda ou os parques industriais. Especialmente interesante resultou a súa análise da manipulación informativa en certos xornais ben coñecidos por todos os galegos e galegas, como toda a información realtiva ao concurso eólico. Lembrounos Jorquera que este é, en realidade, o primeiro concurso eólico, sen que ningún medio erguese a voz nas anteriores lexislaturas para denunciar xa non a falta de transparencia, senón a ausencia de calquera tipo de concurso, baremo ou criterio para a adxudicación dos concursos en materia enerxética. De feito ata a chegada do BNG ao goberno de Galiza exitía unha dinámica consistente na adxudicación directa a empresas que non só non reverquían as súas ganancias de ningunha maneria en beneficios para a nosa terra senón que revendian de maneira especulativa con total liberdade e sen ningunha condición. Parece que a algúns moléstalles que Galiza poña coto ao roubo especulativo sen cancelas.