Novas

  

ANTÓN BAO PROPÓN CREAR UN CENTRO DE ARTE CONTEMPORÁNEO LUCENSE NO EDIFICIO DO ANTIGO CÁRCERE

Lugo, 26 de decembro de 2010. O candidato nacionalista está a celebrar reunións con asociacións e personalidades
do mundo da Cultura para incluír as súas propostas no Programa de Goberno do BNG

O cabeza de lista do BNG á alcaldía tamén propón excavar o castro da Piringalla
para recuperalo como atractivo cultural e turístico da cidade [+]


ANTÓN BAO AFIRMA QUE OROZCO “ANDA AGOCHADO ULTIMAMENTE TENTANDO ESCAPARLLE AO XULGADO” E ACUSA A JAIME CASTIÑEIRA DE “VOTAR NO PARLAMENTO GALEGO EN CONTRA DOS INTERESES DE LUGO”


Lugo, 23 de decembro de 2010. O cabeza de lista do BNG á Alcaldía reclama da Consellería de Sanidade que se pronuncie sobre os novos
usos para o edificio do vello hospital para que non se convuirtan “nunhas instalacións pantasma”.

O candidato do Bloque afirma que o Plan Xeral que PP e PSOE queren aprobar o día 30 ten “moitas sombras”
e vai converterse “nun problema para a cidade” [+]


A ASEMBLEA LOCAL DO BNG CONSIDERA NECESARIA UNHA SEGUNDA EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

Lugo, 21 de decembro de 2010. Os nacionalistas consideran necesario dar “transparencia” ao documento, máis aínda despois das últimas actuacións xudiciais.

O Bloque argumenta que de aprobarse o PXOM tal como está, habería moitos veciños e veciñas que se verían afectados porque o Plan sufríu moitas modificacións con respecto ao aprobado en 2006, que foi o que se someteu a exposición pública [+]


O BNG DENUNCIA QUE O PLAN XERAL DISCRIMINA AOS VECIÑOS DE TODA A VIDA DA ZONA RURAL CON RESPECTO AOS HABITANTES DAS NOVAS URBANIZACIÓNS NAS PARROQUIAS

Lugo, 3 de decembro de 2010. Mentras o Goberno municipal prevé levarlles auga e saneamento público aos novos chalés, os veciños que viven nos núcleos rurais terán que construír e pagar o seu propio sistema de abastecemento de auga e de depuración de residuos. [+]


O BNG RECLAMA OFICIALMENTE AO GOBERNO MUNICIPAL UNHA COPIA EN FORMATO DIXITAL DO PXOM QUE IRÁ A PLENO O DÍA 30 DE DECEMBRO

Lugo, 20 de decembro de 2010. Os nacionalistas consideran que unha vez que o Xulgado de Instrucción número 2 de Lugo vén de solicitar tamén ao Concello unha copia do documento, “sería inxustificable que non se nos facilitara unha aos grupos políticos de cara a emitir o noso voto no Pleno do día 30”, afirma a concelleira do BNG Paz Abraira. [+]


O BNG PROPÓN QUE SE VALORE A PRESENZA DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE ENTRE OS TRABALLADORES DAS EMPRESAS QUE CONCORRAN A CONCURSOS MUNICIPAIS

Lugo, 10 de novembro de 2010. O cabeza de lista do BNG á alcaldía de Lugo, Antón Bao, visitou esta tarde as instalacións de COGAMI en Lugo e mantivo unha xuntanza con colectivos de discapacitados [+]