Novas

  

Día da Patria en Lugo

Os actos terán lugar este mércores 19 de xullo na Praza Anxo Fernández Gómez, detrás do Concello de Lugo [+]


Mario Outeiro advirte que “os novos recortes farán pasar dunha recesión a unha depresión pola caída do consumo”

Lugo, 16 de xullo de 2012. Mario Outeiro afirmou que “outras políticas son posíbeis. A política de recortes non é inexorábel. Hai outras opcións, como a de atallar a fraude fiscal que por ano ascende no Estado español a 85.000 millóns de euros”

María Murujosa, concelleira do BNG en Friol, afirmou que “baixo o pretexto da crise, o PP pretende impor unilateralmente un modelo centralista local, atacando a democracia” [+]


O responsábel local do BNG de Lugo autoincúlpase como participante nas asentadas estudiantís

Lugo, 6 de xullo de 2012. O BNG de Lugo apoiou esta mañá a concentración do afectados polas preferentes que foi convocado pola plataforma de afectados diante da sede de novagalicia banco de Lugo. [+]


Mario Oteiro acusa ao Goberno de elminiar o acceso universal á sanidade pública

Lugo, 2 de xullo de 2012.  O responsábel comarcal do BNG en Lugo afirmou que “o goberno impón o pago por medicamentos aos pensionistas, que precisan tres veces máis asistencia por motivos de idade e en Lugo teñen as pensións máis baixas do Estado”

O BNG apoia as concentracións convocadas para hoxe pola plataforma SOS Sanidade Pública en contra desta “contrarreforma privatizadora” da sanidade [+]


Máis de medio cento de lucenses non poderán traballar este ano para o concello de Lugo polos recortes do pp na Xunta

Lugo, 30 de xuño do 2012.  O BNG denuncia o recorte de 61 millóns de euros de axudas aos concellos para políticas de emprego e contratación de persoas no paro

Os nacionalistas reclaman que a Xunta “dea marcha atrás e garanta que o Concello de Lugo poida desenvolver tamén políticas de emprego” [+]


O BNG levará ao Pleno o rescate bancario e esixirá contrapartidas contra os desafuizamentos aos bancos

Lugo, 19 de xuño de 2012. “O mínimo que lles pode esixir o Goberno aos bancos despois de prestarlles 100.000 millóns de euros de todos os contribuíntes é que non boten á xente das súas casas”, afirma Paz Abraira

Antón Bao lembra que “Lugo está chegando ao record de parados con case 10.000 persoas sen traballo na nosa cidade, a maioría mozos e mozas entre 25 e 44 anos” [+]