Moi boa acollida pola cidadanía da intensa campaña do BNG nos concellos de Bergantiños

José Manuel Vázquez (Coristanco), Manuel Varela (Ponteceso), David Cancela (Cabana de Bergantiños), Evencio Ferrero (Carballo), Xosé Manuel Pose (Laxe), Roberto García (Malpica de Bergantiños) e Xoán Sande (A Laracha) ademais de Rocío da Igrexa (candidata á alcaldía de Cerceda).

 

 

18-05-2011. Xa na terceira semana e última de campaña, cuns 50 mitins celebrados dos mais de 60 programados polo BNG nos sete concellos de Bergantiños , temos que resaltar a grande acollida da cidadanía ás propostas do BNG en todos os mitins celebrados e unha alta participación da veciñanza.

A Laracha

Mitin Central da Larahca durante a intervención de Mónica Nogareda

O BNG continua coa súa campaña de información a veciñanza que xa no primeiro día de campaña no primeiro mitin en Paiosaco indicará a moi boa acollida das propostas do BNG.

Xoán Sande candidato a alcaldía da Laracha no Mitin Central

O pasado veneres 13, foi o mitin central da Laracha, con unha moi grande afluencia de veciños no que interviñeron Mónica Nogareda , que ocupa o posto 3º, presentando a candidatura mediante un audiovisual, Paco Rodríguez que é membro do Consello Nacional do BNG e da Executiva, falou das características da crises económica e a importancia do BNG nos concellos para súa superación. Rematando, Xoán Sande candidato a alcaldía da Laracha, fixo fincapé nas propostas profusamente recollidas no Programa de Goberno do BNG da Laracha, que tamén aproveitou para presentar a súa publicación.

Ponteceso

Mitin do BNG en Corme

As ideas innovadoras centran a campaña en Ponteceso xa coa maioría do actos realizados en todas as parroquias, todos eles con moita implicación dos veciños nas propostas de Goberno do BNG .

Mitin en Anllóns

Hoxe mércores 18, mitin en Cores no local da Asocialción as 21 horas, e falarán: Rocío García Calvete, Nieves Suárez e Manuel Varela.

Mitin en Pazos

O Venres Mitin de Peche de Campaña ás 21.00 horas, no Ximnasio do antigo edificio da ESO (Ponteceso) e no que falarán: Cristina Santos que ocupa o número 4 da candidatura, Nieves Suárez concelleira e número 2, Manuel Varela, candidato á alcaldía.

Laxe

Mitin en Laxe na presentación da candidatura

O BNG de Laxe traballa amosando a toda a veciñanza as súas propostas de Goberno en todas as Parroquias.

O vindeiro venres 20 farán o Mitin de Peche de Campaña ás 21.00 horas no “Hotel Playa de Laxe”, no que falarán: Diana Toja que ocupa o 3º posto da candidatura do BNG para as eleccións municipais, Xulia Mira vai no número 2 , Pilar Garcia Negro Catedrática na Universidade da Coruña e foi deputada do BNG no Parlamento Galego, e Xosé Manuel Pose candidato á alcaldía de Laxe.

Cabana de Bergantiños

Mitin de Cabana

O BNG de Cabana de Bergantiños continúa coas propostas ilusionantes e realistas que presenta o seu candidato a alcaldía David Cancela .

Mitin en Cabana

O luns 16 celebraron o mitin Central da Campaña no Bar A Ría de Canduas, coa intervención de Roberto Ameijenda que ocupa o posto 3, Ana Luisa Bouza deputada do BNG no Parlamento Galego e David Cancela candidato á alcaldía.

O Venres 20 as 21 horas, farase o mitin en Borneiro no que falarán Nieves Eiroa e David Cancela.

Malpica de Bergantiños.

Mitin en Malpica

En Malpica, continua a informar a cidadanía das propostas do BNG, onte martes foi o mitin en Buño onde Rosario Fernández número 2 da candidatura, Francisco Xosé Gorín de Buño e que ocupa o terceiro posto e Roberto Garcia candidato a alcaldía, profundaron nas propostas para o Goberno de Malpica tamén referidas a un novo modelo para a Mostra da Olería .

Mitin en Cerqueda

 

Mitin en Mens

Igual que en Ponteceso e Laxe, Malpica fará o Mitin de Peche de Campaña será o venres, 20 de maio ás 21.30 horas no restaurante “O Esqueiro” de Seaia. No que falarán: Mar Ordóñez de Seaia e número 4 da candidatura, Francisco Xosé Gorín e pechando as intervencións, Roberto Garcia candidato a alcandía.

Coristanco

Todo indica que Coristanco quere un cambio, un cambio que mude as políticas dereitistas que levamos sufrindo , nos que nada se fixo para que este concello medrase positivamente, e neste tempo perdéronse mais de 4500 veciños de poboación.

Mitin en Coristanco

Onte celebrouse o Mitin Central de Coristanco no Pavillón Polideportivo de Traba e non chegaron a nada as cadeiras previstas.

17/05/2011. Mítin central do BNG en Coristanco. Pavillón Polideportivo de Traba. Intervencións (por orde de aparición): Margarita Torreira (número 4 da candidatura). Laura Mariño (número 2 da candidatura). Francisco Rodríguez (membro da Executiva Nacional do BNG). Manuel Vázquez (candidato á alcaldía).

Falaron: Margarita Torreira, de Traba que ocupa o posto número 4 da Candidatura, Laura Mariño que ocupa o posto 2, Francisco Rodríguez é membro do Consello Nacional do BNG e da Executiva, e Manuel Vázquez candidato a alcaldía de Coristanco

Hoxe mércores 18 farase mitin en Recicinde ás 20.30 horas no “Bar Novo” e no que Falaran: Fina Bastón, Laura Mariño e Manuel Vázquez .

 

Carballo

Evencio Ferrero, Guillerme Vázquez e Carlos Aymerich no "Café de redacción" cos medios de comunicación en Carballo.

Carballo continúa coa densa campaña electoral por todas as parroquias do concello con numerosas afluencia de veciños, informando dos avances innegables e que convirte o período de Goberno do BNG, no mellor na historia da vila. Exponse o Programa de Goberno para os vindeiros anos recabase a opinión dos veciños.

Hoxe haberá mitin no Centro Social de Sofán as 21 horas. E falarán: Inés Rodríguez Muiño, Belén Lendoiro, Luís Lamas e Evencio Ferrero.

Mañá xoves 19 as 21 horas no Pazo da Cultura, será o Mitin Central do BNG en Carballo e falarán: Milagres Lantes que ocupa o posto número 2, Belén Lendoiro que vai no 5, Francisco Jorquera Deputado do BNG no Congreso dos Deputados e Evencio Ferrero actual alcalde e candidato a alcaldía de Carballo.

O venres farase o mitin de Cances no Centro Social as 21 horas, no que falarán Miguel Anxo Calvo, Belén Lendoiro, Luís Lamas e Evencio Ferrero.

 

Candidatos do BNG dos sete concellos de Bergantiños ás vindeiras eleccións municipais

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]