O BNG suspende hoxe a campaña para mostrar o seu pesar pola traxedia de Lorca

Santiago, 12 Maio 2011. O Bloque Nacionalista Galego suspende hoxe a súa campaña eleitoral para mostrar o seu pesar pola traxedia de Lorca.

O BNG querse dirixir especialmente ás familias e aos achegados das vítimas producidas polo terremoto para facerlles chegar a súa solidariedade.

A formación nacionalista enviou un telegrama ao alcalde de Lorca para o facer partícipe da dor que no pobo galego ten producido este terríbel acontecimento.

 

 

 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]