O BNG arrincou con forza na primeira fin de semana da campaña electoral
Evencio Ferrero na pegada de inicio de campaña
A comarca viviu até unha ducia de actos públicos nos máis diversos recunchos. Lugares como A Graña, Tallo e Tella (Ponteceso), Cerqueda (Malpica de Bergantiños), Neaño (Cabana de Bergantiños), Paiosaco (A Laracha), Imende, Bértoa e Aldemunde (Carballo), Cereo e Agualada (Coristanco) escoitaron xa as propostas programáticas do BNG.
Numeroso público e simpatizantes na tradicional pegada na Praza do Concello de Carballo
O BNG, como é tradición, fixo un esforzo na noite electoral (do xoves ao venres) e as rúas da comarca amenceron xa en case todos os concellos con cartelaría do nacionalismo galego.
Acto de mocidade en Cabana de Bergantiños. parte da intervención de Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova
Iria Aboi e Xoán Carlos Bascuas respaldaron ao BNG de Bergantiños
Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, participou o sábado en Cabana de Bergantiños nun acto no que se analizaron as políticas para a mocidade que propón o BNG.
Xoán Carlos Bacuas e Milagros Lantes no reparto de información na feira de Carballo
Entre o público, numerosas caras coñecidas do BNG, como Laura Mariño (responsábel de mocidade da Executiva Comarcal do BNG e número 2 da candidatura de Coristanco), Vítor Recarei (responsábel comarcal do BNG) e boa parte da candidatura do BNG de Cabana de Bergantiños (a que ten a media de idade máis baixa de todas cantas se presentan na comarca).
Xoán Sande candidato a alcaldía con Carolina Castiñeiras e Monica Nogareda candidatas nos postos 2º e 3º da candidatura do BNG da Laracha no mitin de Paiosaco
Un reparto moi participado
Xoán Sande no mitin de Paiosaco ante numerosos veciños
O BNG dispuxo tres postos de reparto de información (na rúa Coruña, no San Martiño coincidindo coa festa do Pan e na feira da Milagrosa) e repartiu entre toda a cidadanía o díptico de campaña, o programa electoral e o balance de oito anos de goberno do BNG.
A campaña segue
A fin de semana foi intensa, pero o BNG non para. Esta semana haberá actos públicos todos os días da semana, algúns días en varios lugares ao mesmo tempo. Podes seguir toda a actividade a través do calendario que tes ao teu dispor nesta páxina web.