O Laxe que quere o BNG, novo boletín territorial do BNG de Laxe

A capa do boletín dedícase ás principais propostas do BNG para a parroquia de Laxe e tamén Tamén inclúe compoñentes da candidatura do BNG pertencentes a esta parroquia e 8 medidas urxentes do BNG.

29/04/2011.   O BNG de Laxe continúa co seu paso firme cara ás eleccións municipais do 22 de maio coa posta na rúa dun novo número do seu boletín local “Cambia o conto”. Trátase, desta volta, dun exemplar centrado na parroquia de Laxe, que continúa a serie de boletíns que podes descargar tamén nesta páxina web e que se abordaron as propostas do BNG para outras parroquias como Traba, Soesto ou Serantes.

A primeira páxina do boletín dedícase ás principais propostas do BNG para a parroquia de Laxe, que inclúen a reclamación dun centro de día e unha galescola, as infraestruturas deportivas ou a iluminación e pavimentación do cemiterio de Laxe.

Tamén inclúe unha fotografía dos/das membros da candidatura do BNG pertencentes a esta parroquia, desgrana as 8 medidas urxentes do BNG na súa próxima chegada ao goberno municipal, a comezar pola realización dunha auditoría das contas municipais.

A contracapa recolle a análise da historia do problema da area da praia e o porto de Laxe, o BNG conseguiu forzar unha solución para antes de setembro deste ano.

O BNG e a solución do problema da praia e o porto de Laxe

O boletín tamén recolle unha análise da historia do problema da area da praia e o porto de Laxe, e como o traballo decidido e incansábel do BNG, respaldado por todo o tecido asociativo da localidade, ten forzado ao PP na Xunta de Galiza a comprometer a solución a estes problemas, apenas meses despois da ridícula foto na que o responsábel de Portos de Galiza pretendía limitar as súas competencias sinalando cunhas estacas cinco metros de praia.

O BNG levou esta problemática ao Congreso, a unha reunión co responsábel de Costas en Galiza, e tamén ao parlamento galego, onde finalmente o traballo do deputado Bieito Lobeira conseguiu forzar unha solución a esta problemática que se terá que producir xa antes de setembro deste ano.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]