O BNG pregunta no parlamento galego pola estrada Laxe-Ponte do Porto

Laxe,  08 de abril de 2011. O BNG vén de rexistrar no parlamento galego unha batería de iniciativas para preguntar polo estado de execución das obras da vía que une Laxe e Ponte do Porto (AC-433).

O BNG sinala que xa o 14/04/2010 a páxina oficial da Xunta de Galiza publicaba unha nova segundo a cal investía 14 millóns de euros nas obras das estradas A Coruña-Cee e Laxe-Ponte do Porto.

Un ano despois de aquel anuncio, a veciñanza de Laxe comproba que as obras avanzaron no treito da estrada que discorre por Vimianzo, pero que dende o inicio do termo municipal de Laxe a estrada segue no seu estado anterior, sen que a Xunta dese explicación ningunha.

Por iso, o BNG pregunta ao goberno galego por que razón as obras de mellora da AC-433 se paralizaron no inicio do termo municipal de Laxe e cando prevé a Xunta retomar estas obras e estender tamén ao treito que discorre por Laxe as obras de mellora da AC-433.

O BNG de Laxe quere con estas iniciativas demandar a máis pronta execución das obras de mellora desta vía, e ademais reclamar que a obra se faga nas condicións debidas, dando á vía o ancho suficiente, sobre todo nos tramos que percorren a carón dos Penedos, onde as obras semella que non se axustan ao proxecto inicial.

Candidato do BNG á alcaldía de Laxe

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]