O BNG presenta este venres a súa reforzada candidatura para Laxe, encabezada por Xosé Manuel Pose

Xulia Mira, Xosé Manuel Pose e Diana Toja.

 

29/03/2011.  Este venres, primeiro de abril, a partir das 20.30 horas, terá lugar a presentación da candidatura do BNG de Laxe para as vindeiras eleccións municipais. O acto será, por suposto, aberto a toda a veciñanza, e terá lugar no Hotel Playa de Laxe.

Xosé Manuel Pose, candidato do BNG á alcaldía, que xa deu a coñecer as dúas compañeiras que o seguirán na candidatura (Xulia Mira e Diana Toja), presentará ao conxunto da súa lista, da que se destaca a súa grande capacidade para asumir o goberno a partir do próximo 22 de maio.

O modelo BNG

O BNG ten unha forma distinta de facer goberno. O BNG goberna para a xente, en contacto permanente coa xente, coas portas abertas á veciñanza, e a xente valora e aprecia esa forma de ser e gobernar.

Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, participará tamén do acto de presentación da candidatura do BNG de Laxe, e explicará algunhas das principais experiencias de goberno despois de 8 anos na alcaldía de Carballo e que o levan a ser un dos alcaldes máis valorados pola súa cidadanía.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]