En Bloque, con forza, para conquistar o futuro

 

28/03/2011.  O BNG de Bergantiños estivo amplamente representado na Convención Electoral do BNG que tivo lugar esta pasada fin de semana. Militantes de todos os concellos da comarca, entre os/as que non faltaron a maioría dos candidatos ás alcaldías, participaron do acto de arrinque de campaña do nacionalismo galego.

A mocidade, protagonista da xornada de mañá

A xornada de mañá da Convención Electoral estivo dedicada á política nas redes sociais e á presentación dalgúns dos/das candidatos/as máis novos/as do BNG neste proceso electoral.

A esta xornada de mañá non faltou unha boa representación da comarca, encabezada por David Cancela (Cabana de Bergantiños), o candidato máis novo da bisbarra, así como boa parte das direccións de Galiza Nova de Bergantiños (Pablo Vázquez, Lucía Vecino, Cristina Becerra) e do BNG (Vítor Recarei, Laura Mariño), entre outros compañeiros e compañeiras.

A mocidade que participou da xornada de mañá rematou cunha foto de familia e un xantar de confraternidade, no que Bergantiños e a Costa da Morte compartion tamén espazo e vivencias.

Un arrinque de campaña cheo de xente e ilusión

A tarde estaba reservada para o acto central. Despois da foto dos candidatos e candidatas á alcaldía de todo o país, ás 6 da tarde comezou o acto de arrinque desta campaña de eleccións municipais.

Dúas mil persoas ateigaron o auditorio, entre as que se atopaban numerosas caras coñecidas da comarca, dende candidatos á alcaldía (Roberto García, Manuel Varela, Xoán Sande), concelleiros/as (Belén Lendoiro, Mar Eirís), responsábeis orgánicos/as (Milagres Lantes, Xosé Regueira) e un longo etcétera.

O acto foi intenso. Conducido polo Carrabouxo, polo escenario desfilaron máis dunha ducia de futuros alcaldes e alcaldesas (Dominga Brión, Xosé Manuel Carril, Rubén Cela) ademais de outros/as que xa o son (Miguel Anxo Fernández Lores, Martiño Noriega). Abriu as intervencións a candidata máis nova do país (Almudena Valiñas, Avión) e pechou o portavoz nacional.

A crónica completa do acto pódela ver na web nacional do BNG, neste enlace:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/teletipos/nova_1876.html?uri=/BNG/global/seccions/portada/index.html

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]