O BNG continúa a informar sobre a Lei de augas, desta vez cun acto público en Laxe
Este martes, 22 de marzo, a partir das 20.30 horas, na Panadería de Cernado, en Laxe, o BNG organiza un novo acto público para falar da Lei de augas
Este martes, 22 de marzo, a partir das 20.30 horas, na Panadería de Cernado, en Laxe, o BNG organiza un novo acto público para falar da Lei de augas. Ademais de Xosé Manuel Pose, candidato do BNG á alcaldía, intervirá Gonzalo Castro, avogado e bo coñecer da materia, que responderá todas as dúbidas que se lle formulen.
Unha campaña exitosa
O BNG leva desenvolvendo nos últimos meses unha intensa campaña para informar do contido lesivo desta Lei de augas. Foron xa máis de 200 charlas (entre elas, unha na Laracha, a comezos de novembro) ás que asistiron preto de 8000 persoas que grazas ao BNG coñecen as verdadeiras intencións do Partido Popular, que nos introduce novos e inxustos impostos mentres promete o contrario.
Máis información na web nacional do BNG:
http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/novas/nova_1789.html