Galiza Nova de Bergantiños comeza na comarca unha campaña pública contra a mal chamada Lei de convivencia

17/03/2011.  Galiza Nova de Bergantiños comezou esta semana unha campaña de pegadas e reparto de material informativo en contra da aprobación desta lei que xa ten xerado a oposición de organismos como o Consello Escolar de Galiza e de diferentes asociacións e sindicatos vinculados ao ensino.

Pablo Vázquez, responsábel comarcal de Galiza Nova de Bergantiños, e outros membros da organización comezaron no institituto de Ponteceso e nas rúas de concellos como Ponteceso, Laxe ou Malpica de Bergantiños a distribución do material informativo editado pola organización xuvenil.

Unha lei que pretende dar cobertura á consulta fraudulenta

A chamada “Lei de convivencia e participación da comunidade educativa” é, en primeiro lugar e sobre todo, unha vía para intentar dar cobertura legal ás indignas enquisas coas que pretenderon xustificar o recurte de espazos para a lingua galega no ensino.

" están a recabar apoios no mundo do ensino para rexeitar esta nova lei regresiva !Galiza Nova xa ten remitido un escrito á consellaría de Educación para lle facer chegar o seu parecer, e tense sumado a outras moitas entidades que están a recabar apoios no mundo do ensino para rexeitar esta nova lei regresiva e, contra o seu propio nome, nada participativa.

Galiza Nova continuará, así na comarca como no país, unha campaña de recollida de sinaturas, encontros con xuntas de delegados/as e mobilizacións (como a realizada o día do debate no Consello Escolar de Galiza) para conseguir frear os regresivos cambios no modelo educativo que o Partido Popular pretende.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]