O BNG chama a cidadanía a manifestarse porque “Galiza ten dereito”
11/03/2011. O BNG e a CIG chaman á cidadanía galega a mobilizarse masivamente este domingo en Santiago de Compostela (a partir das 12 horas, na Alameda compostelá) en defensa dos dereitos de Galiza. Así o lembrou onte Guillerme Vázquez, portavoz nacional, no acto de presentación da candidatura do BNG de Carballo, e así o ven reclamando o nacionalismo nos últimos días: a mobilización é necesaria e positiva para os nosos intereses.
O BNG lembra que, desde que goberna Feijoo, o noso País lidera a destrución de emprego no conxunto do Estado, até chegarmos a un máximo histórico de 245.000 paradas e parados.
As medidas do Goberno Central do PSOE (coa connivencia do Partido Popular) son claramente lesivas para o noso país: quere privatizar a caixa de aforros galega, sen resistencia algunha por parte da Xunta de Galiza, que concentra o 50% dos depósitos das galegas e dos galegos, uns aforros que rematarán en mans privadas no canto de investírense no País; o Decreto do Carbón, votado conxuntamente polo PSOE e o PP, pode levar a que Galiza pase de ser unha potencia excedentaria a ser un País dependente en materia enerxética.
“Galiza ten Dereito. En defensa do aforro, o emprego e o País”A situación dos nosos sectores produtivos é tamén moi preocupante: no sector gandeiro, 1.500 explotacións pecharon desde que goberna o PP; a UE continúa decretando desguaces para a frota pesqueira; o sector da conserva está en risco; e o naval ten a súa capacidade produtiva baixo mínimos.
" este domingo en Santiago en defensa dos dereitos de Galiza "Diante deste panorama desolador para o noso país debido á acción conxunta de dous gobernos, o do PSOE en Madrid e o do PP na Xunta, o BNG proclama que é tempo de dicirmos que até aquí chegamos, que é hora de reacción social.
Por iso o BNG e a CIG convocamos unha grande manifestación para o domingo 13 de marzo en Santiago de Compostela, ás 12 horas, baixo o lema “Galiza ten Dereito. En defensa do aforro, o emprego e o País”. Unha manifestación aberta ao conxunto da sociedade.
Enlace coa web de " Galiza ten dereito "