A eurodeputada Ana Miranda coñeceu os problemas de Laxe de man do BNG
Ana Miranda, xunto a Xosé Manuel Pose, concelleiro do BNG, e as compañeiras do grupo local Xulia Mira e Diana Toja, mantiveron un encontro co patrón maior e co secretario da confraría de Laxe
A reforma da política pesqueira pon en perigo ducias de empregos en Laxe
Acto público para coñecer de primeira man este coñecido problema da localidade
Os anuncios até agora coñecidos sobre a reforma da política pesqueira europea son moi preocupantes, e poñen en perigo a 2500 embarcacións galegas (un tercio da nosa frota pesqueira). Ana Miranda participará durante o 2012 neste debate en Bruxelas e defenderá con toda a intensidade o sector pesqueiro galego.
Ana Miranda, xunto a Xosé Manuel Pose, concelleiro do BNG, e as compañeiras do grupo local Xulia Mira e Diana Toja
O problema da praia e o porto chegará a Europa da man do BNG
Ana Miranda deu un paseo por Laxe e participou despois nun acto público para coñecer de primeira man este coñecido problema da localidade, que afecta á súa vida diaria, e que debería estar xa en vías de solución pero que se atopa coa inoperancia do goberno galego (non por casualidade, vén de ser cesado no seu posto o responsábel de Portos de Galiza, Álvarez-Campana).
Ana Miranda comprometeuse a buscar fórmulas para trasladar este problema a Bruxelas e tentar que tamén a Unión Europea se teña que comprometer na súa solución.