O BNG demanda que se cumpra o acordado para solucionar os problemas do porto e a praia de Laxe
Xosé Manuel Pose, Diana Toja e Bieito Lobeira o 14/04/2011 na presentación da Proposición non de lei sobre a area e o porto de Laxe
O BNG trasladou unha iniciativa ao parlamento galego para esixir que Portos de Galiza, departamento responsábel das obras do peirao de Laxe, asumise as súas competencias e respondese das problemáticas que tantas distorsións están a causar á vida do noso concello.
A proposición non de lei do BNG, a pesar das reticencias mostradas inicialmente, debido ao clamor social que suscitou o traballo do noso grupo político, tivo que ser asumida polo PP, que se comprometeu a que antes de setembro estarían comezadas as obras que terán que solucionar esta problemática.
O BNG, que non quixo deixar pasar nin un minuto, rexistraba o día 19 de abril unha nova iniciativa parlamentar, preguntando ao goberno galego os prazos concretos e a solución construtiva coa que se acometerán as solucións a este importante problema de Laxe.
Praia de Laxe
O BNG estará atento, e non deixará que esta problemática caia no esquecemento. Se así fose preciso, volverá concitar o apoio do tecido asociativo e veciñal, como aconteceu no pasado, para impedir que o PP burle á cidadanía de Laxe.
Xosé Manuel Pose, Portavoz municipal do BNG de Laxe