“Cambia o conto”, de novo nas rúas de Laxe, Maio do 2010

11/05/2010. O BNG de Laxe saca ás rúas da localidade un novo número do seu boletín, Cambio o conto, que dedica boa parte dos seus contidos a analizar a situación do local social, que se abrira ao público despois de moitos anos de demanda e que agora se quere pechar, coa conivencia da Xunta de Galiza e do goberno do Estado.

 O BNG entende que este local é unha infraestrutura necesaria na localidade, e así como valorou positivamente a súa apertura, entende que non tería sentido que se pechase despois de apenas unhas semanas de uso, despois de investimentos de diversas administracións e contando co apoio da cidadanía.

O “Cambio o conto” do mes de maio tamén se fai eco de diversas problemáticas nas vías públicas municipais, como a rúa da Insua ou a estrada que vai do Cabo da Area até Serantes.

 Podedes descargarvos o boletín dende os enlaces que tedes nesta mesma páxina.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]