Resultados etiquetados como 'Parlamento Galego'
Grazas ao BNG, a Xunta acometerá os traballos de catalogación e escavación arqueolóxica no monte Baixo de Oia no que existe un asentamento con abundante material romano
Carme Adán afirmou que neste lugar produciuse un importante movemento de terras por mor da colocación de postes para unha plantación de kiwis, a pesar do patrimonio existente [+]
O BNG pide rectificar a lei de medidas tributarias porque non beneficia todos por igual
O portavoz de economía e facenda do g.p BNG, Fernando Blanco afirmou hoxe, no debate da lei de medidas tributarias no imposto de transmisión patrimoniais do Goberno galego que “ as rebaixas selectivas para beneficiar a determinados sectores non van destinadas aos mileuristas e desempregados.” [+]
O BNG critica que a Estratexia Sergas 2014 non aporte soluccións á situación sanitaria galega
Ana Luísa Bouza: “esta estratexia non precisa ser votada pero se for así, o BNG faríao cun NON ben grande” porque non resolve a situación real da sanidade galega [+]
Carme Adán: “O Conselleiro de Educación non acude ao Parlamento para debater os problemas do ensino público pero faino no platós de televisión”
A portavoz de educación do g.p do BNG, Carme Adán reprocha “a ausencia reiterada” do Conselleiro de Educación na Cámara galega e afirma que a súa obriga é “ dar explicacións dos problemas detectados no comezo de curso” [+]
O BNG pide unha investigación rigurosa sobre o incendio de Fornelos e recuperar as políticas de prevención
Tereixa Paz afirma que cómpre esclarecer todas as circunstancias da morte dos brigadistas e depurar responsabilidades máis alá do “vento” [+]
Ana Pontón lamenta que o PP rexeitara chegar a acordos para evitar a supresión do SGI e acúsao de considerar un tema "menor" as políticas de igualdade
A deputada do BNG advirte que a supresión do Servizo é unha “derrota” e un “paso atrás” no desenvolvemento destas políticas [+]
Quintana empraza a Sánchez Izquierdo a aclarar se comparte as declaracións de Feijóo sobre a privatización da CRTVG
O deputado nacionalista advirte dos incumprimentos do director do ente respecto de todas as previsións para resolver a Oferta Pública de Emprego e pregúntalle tamén se está de acordo co presidente en que o persoal é excedentario [+]
O BNG pide explicacións sobre o cese dunha alto cargo do Sergas tralo resultado da investigación de filtracións nas oposicións
Os deputados do BNG Ana Luísa Bouza e Alfredo Suárez Canal consideran que o cese da responsábel do proceso selectivo parece derivado das “presuntas irregularidades” detectadas nas oposicións
Henrique Viétez denuncia a precariedade laboral dos traballadores do AVE
Henrique Viéitez cualificou de “escusa pouco crible” unha avaría na tuneladora do Ave Vigo-As Maceiras para despedir a máis de 300 operarios [+]
Aymerich insta a Feijóo a que deixe a "foguetería declarativa" e as "viaxes de fin de semana" e se poña a gobernar
O portavoz parlamentar lamenta que mentres o presidente está a demostrar as súas “habilidades gastronómicas” o desemprego en Galiza xa case duplique a media do Estado [+]