A mellor garantía da liberdade de prensa son condicións laborais dignas e transparencia nas axudas dos gobernos

Santiago de Compostela, 4 maio 2012.- O BNG amosa o seu apoio a todos os profesionais do xornalismo no Día da Liberdade de Prensa, unha data marcada por unha continua vaga de despedimentos na profesión, ante a pasividade das administracións públicas, e por unha redución da pluralidade informativa.

O BNG salienta que “o xornalismo é fundamental para a democracia” pero advirte de que a liberdade de prensa está en perigo “por unha cada vez maior precariedade laboral dos traballadores do xornalismo e pola opacidade nas relacións entre gobernos e empresas de comunicación”.

Neste contexto, o BNG volve denunciar a falta de transparencia nas axudas do goberno de Feijoo aos medios de comunicación, a cambio dun trato amábel co seu goberno, ou o descarado intento do goberno de Rajoy de controlar de novo RTVE.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]