O BNG oponse a un acordo sobre Urdangarín e demanda que continúen as investigacións "zarrapiquen a quen zarrapiquen"

Jorquera na manifestación da CIG co 1º de maio

A Coruña, 1 maio 2012.- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados e candidato á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, manifestou hoxe a oposición do BNG a un acordo xudicial para Iñaki Urdangarín e demandou que continúen as investigacións “salpiquen a quen salpiquen”.

En declaracións aos medios, Jorquera referiuse esta mañá ao principio de acordo ao que ao parecer chegaron o señor Iñaki Urdangarín e o seu ex-socio Diego Torres para ofrecer un pacto ao fiscal co que pretenden eludir a prisión.

Neste sentido, Jorquera afirmou que “en nome do BNG queremos manifestar que non estamos a favor de manobras que podan ter por obxecto impedir que siga o proceso de investigación de cara a que se aclare absolutamente todo e se depuren responsabilidades”.

O candidato do BNG á presidencia da Xunta subliñou que “se debe avanzar na investigación para esclarecer todas as responsabilidades, salpiquen a quen salpiquen”.

“Se a xustiza debe ser igual para todos -concluíu- non pode haber manobras que impidan que siga o proceso de investigación”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]