Galiza Nova convoca "Folga de estudantes" contra a suba das taxas anunciada polo goberno do Estado.

Iría Aboi cualifica "ataque ao ensino público" unha medida que ademais impedirá  o acceso á universidade das familias con menos recursos

Santiago, 21 de abril, 2012.A organización xuvenil Galiza Nova ven  de anunciar a convocatoria de Folga Estudantil no ensino universitario e medio para o vindeiro xoves 10 de maio contro o anuncio do Goberno de Rajoy de subir as taxas universitarias.

A convocaotria de folga persegue  "parar a suba das taxas de matrícula universitaria –de até un 66%-" e que representan un novo ataque ao ensino público.

Neste sentido, Galiza Nova considera que  esta é "a maior suba das taxas de matrícula da historia"  e  asegura que con esta decisión "o PP fai recaer unha parte moi importante do custo dos estudos" sobre as e os estudantes nun momento de graves dificultades económicas para a maioría das familias.
 
Asemade, Galiza Nova quer denunciar que  “o PP pretende rachar co papel do ensino público como igualador social", a medida do Goberno do Estado,  manifestan, "dificultará o acceso á educación superior das persoas economicamente máis desfavorecidas”.

Pola súa parte, a  Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi afirmou hoxe  que, a suba das taxas é "unha medida socialmente inxusta" que só servirá para agravar a crise  a pasos axigantados cara a privatización da universidade pública.

Galiza Nova pide que Feijoo rexeite a medida

Galiza Nova insta  ao goberno de Núñez Feijóo a non plegararse ás decisións do seu partido en Madrid e se comprometa cos estudantes galegos a non aplicar esta inxustificada suba das taxas.

A dirección de Galiza Nova indicou que nos vindeiros días se irán dando a coñecer os detalles dunha convocatoria apoiada  tamén pola Organización Estudiantil Comités e  que está “aberta a todo tipo de apoios”. Galiza Nova  deselvolverá  unha campaña informativa e de axitación nos centros para “explicar os efecto desta medida e acadar un respaldo masivo, tanto na convocatoria como nas mobilizacións previstas nas 7 cidades galegas”.  Ademais, engaden,  difundirán a Folga nas redes sociais e a través do twitter co hashtag #paremosasubadastaxas.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]