"En Bloque Podemos", lema da Convención nacional
Santiago de Compostela, 8 Maio 12. “En Bloque Podemos” é o lema co que o Bloque Nacionalista Galego vai realizar a súa Convención nacional o vindeiro domingo 13 de Maio en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos, San Lázaro, 12 horas), informou esta mañá en conferencia de imprensa a secretaria de Organización do BNG, Montse Prado.
"En Bloque Podemos quer expresar con clareza que colectivamente somos todo e podemos cambiar todo. En Bloque Podemos conquistar a Soberanía, a Democracia e o Traballo”, dixo.
"Os tres grandes protagonistas da Convención serán Francisco Jorquera como candidato, a militancia do BNG e as nosas propostas e alternativas"En Bloque Podemos tamén liderar o cambio político en Galiza, argumentou a secretaria de Organización.
“O cambio político hoxe é imprescindíbel e necesario. E ademais posíbel, máis posíbel que nunca. Ese cambio vaino liderar o BNG. Historicamente o avanzo do BNG sempre se ten traducido no retroceso do PP”, afirmou Prado, convencida de que a Convención vai mostrar a “fortaleza” e a “cohesión” do BNG neste novo tempo político.
JORQUERA NON TIRA A TOALLA, FEIJÓO SI
“En Bloque Podemos quer expresar con clareza que colectivamente somos todo e podemos cambiar todoOs tres grandes protagonistas da Convención nacional serán Francisco Jorquera, o candidato do BNG á presidencia da Xunta, a militancia da formación nacionalista e as súas propostas e alternativas.
Montse Prado referiuse a Jorquera como un candidato “serio” e “solvente”, unha persoa que a diferenza de Feijóo “non tira a toalla” e ten afouteza para enfrentarse coas dificuldades e formular propostas alternativas para saírmos da crise.
“Jorquera si cre no País, si ten proxecto para Galiza, non como Feijóo”, resumiu a secretaria de Organización.
UNHA CONVENCIÓN CORAL
A Convención mostrará un BNG plural e diverso desde a unidade. “Será unha Convención coral, con 15 intervencións, todas elas cheas de contido. Cremos nos equipos. Cremos na xente. Non é o momento de individualidades ailladas. É o momento de tirarmos xuntos, de tirarmos en Bloque”, recapitulou.
Será unha Convención con propostas. “O BNG si ten alternativas e propostas. Non as agacha como o PP. O PP agáchaas porque está a facer desde o Goberno xusto o contrario do que prometeu cando estaba na oposición”, afirmou.
As propostas do BNG son alternativas ao desgoberno do PP. “Como a Banca Pública Galega”, exemplificou Montse Prado.