Galiza Nova denuncia “unha nova exclusión da lingua galega” no Xuventude Galiza Net 13

Santiago de Compostela, 7 Maio 12. Galiza Nova vén de denunciar a exclusión da lingua galega na organización do Xuventude Galicia Net, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude o pasado 4, 5 e 6 de maio.

Iria Aboi considera “inceptábel que unha actividade destinada para a mocidade organizada pola administración pública galega, elimine o idioma propio de Galiza nos servizos dirixidos aos participantes”. Segundo a Secretaria Xeral de Galiza Nova “as mozas e mozos asistentes a esta edición do XuventudeGaliza.net puideron constatar que o español foi o idioma único na mínima cartelaría editada, nos avisos da organización, así como na atención dos postos de extranet”.

A Dirección Xeral de Xuventude vulnera o Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega“De feito -engade- tanto @s monitores deste encontro informático como as/os presentadoras/es das diferentes actividades empregaron o español exclusivamente para dirixirse aos participantes”.

UNHA MEDIDA CONTRA A NORMALIZACIÓN

As mocidades nacionalistas consideran que esta actuación da Dirección Xeral de Xuventude vulnera o Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega (aprobado por unanimidade no 2004) no referente á adopción de medidas activas de normalización lingüística da mocidade.

Despois de varias edicións denunciando a exclusión do galego, Galiza Nova insiste en sinalar que “estamos ante unha actitude consciente e deliberada, que encaixa perfectamente na actitude mantida polo goberno do Partido Popular empeñada na desaparición do galego entre a xente moza”. Iria Aboi sinala que “despois de denuncias públicas e diferentes preguntas no Parlamento Galego o mellor xeito para forzar unha rectificación nesta actitude antigalega do goberno será ateigarmos as rúas de Compostela na manifestación nacional de Queremos Galego o 17 de maio”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]