Guillerme salienta que a folga xeral tivo máis éxito en Galiza polo nacionalismo sindical e político

Santiago de Compostela, 30 marzo 12.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, salientou hoxe que a folga xeral de onte “tivo máis repercusión en Galiza” que no conxunto do estado.

E atribuíuno a dous factores: “o factor Feijoo, o fastío por parte da sociedade galega do goberno do PP na Xunta; e ,dende logo, a presenza significativa en Galiza do sindicalismo nacionalista e do nacionalismo político”.

Neste sentido, Guillerme volveu subliñar que “o BNG reclama a retirada da reforma laboral, a reforma laboral non é negociábel”.

O portavoz nacional do BNG fixo estas declaracións esta mañá en Santiago antes de participar na manifestación dos afectados polas participacións preferentes de Caixanova e Caixagalicia.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]