O BNG cos traballadores do naval á súa chegada a Santiago

Santiago de Compostela, 15 marzo 2012.- A marcha dos traballadores do naval da ría de Ferrol, que demandan carga de traballo para os estaleiros públicos chegou hoxe a Santiago de Compostela, onde contou co apoio do BNG.

Así, xunto aos concelleiros do BNG en Ferrol, Iván Rivas e Mercedes Tobío, estiveron a portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Ana Pontón; membros da Executiva Nacional, como Rafa Vilar, ou o portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela, Rubén Cela.

Pero máis alá do apoio persoal, o BNG ven defendendo nos últimos meses ao sector naval galego mediante múltiples iniciativas tanto nos concellos, no Parlamento Galego, como no Congreso dos Deputados e no Parlamento Europeo.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]