Ana Miranda inaugura blog para abrir unha nova vía de comunicación cos galegos e galegas na Internet

A eurodeputada do BNG, que xa posuía perfil en Facebook e twitter, estréase neste formato co enderezo www.anamiranda.eu

Santiago de Compostela, 07 Febreiro 12.- A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de abrir unha nova canle de comunicación con todos os galegos e galegas e con aquelas persoas que, como ben indica a propia Miranda na súa presentación do blog, están “interesados en saber que papel pode xogar Galiza no marco da Unión Europea, que representa o Parlamento Europeo para o noso País e como, o que aquí se decide, incide directamente nas vidas das galegas e dos galegos”.

Podedes atopar o blog no enderezo http://www.anamiranda.eu/ e alí obteredes información sobre a actividade parlamentar da representante do BNG, así como sobre as súas inquedanzas e temas que lle interesan.

Miranda, que xa mantiña unha intensa actividade nas redes sociais a través dos seus perfís en Factbook e Twister abre agora esta nova vía de comunicación na que tamén informa sobre a súa completa axenda diaria.

O blog complétase cunha galería multimedia de imaxes, audio e vídeos sobre a traxectoria vital e profesional de Ana Miranda, así como sobre a visión de Europa do Bloque Nacionalista Galego.

Tamén hai espazo para a interactividade e o feedback no blog, cun apartado no que as persoas que o consulten poden enviar as súas opinións, dúbidas ou consultas á eurodeputada do BNG.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]