Guillerme: "Feijóo está a actuar como tapadeira dos incumprimentos do goberno central, quer no AVE, quer no Eixo Atlántico"

“O conselleiro di que o AVE foi unha grande mentira. A pregunta entón é quen foron os mentireiros”, subliña o portavoz nacional

Santiago de Compostela, 12 Xaneiro 12.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denunciou esta mañá en rolda de prensa que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo “está a actuar como tapadeira dos incumprimentos do goberno central, quer no AVE, quer no Eixo Atlántico”.

O líder nacionalista expresou a “máis profunda preocupación do BNG ante o futuro do remate das infraestruturas ferroviarias no noso País”, explicou, ao tempo que lembrou que, para o nacionalismo galego, “Galiza ten dereito a ter unhas infraestruturas modernas e equiparábeis ás que existen hai xa ben tempo no conxunto do Estado”.

O portavoz nacional ataca o goberno galego por estar disposto "a que lle fagan os orzamentos en Madrid"Na situación actual, Guillerme lembrou a opinión expresada polo BNG no seu día sobre o pacto do Obradoiro: “Dixemos que estabamos diante dunha grande fraude, que non se ían cumprir os prazos previstos e, a estas alturas, xa é unha evidencia que estabamos no certo”.

Para o líder do BNG “é inaceptábel que apareza o Conselleiro dicindo que o do AVE foi unha grande mentira. A pregunta etnón é quen era o mentireiro porque alguén colaborou no goberno galego a esa gran mentira”.

“Esiximos un pronunciamento e unha definición clara e rápida por parte do ministerio de Fomento a respecto de cal é o seu compromiso na finalización desas obras”, instou o líder nacionalista, ao tempo que esixiu a Feijóo “que exerza a súa responsabilidade como presidente da Xunta, o lexítimo dereito de Galiza a contar con estas infraestruturas e a ser tratada cun mínimo de equidade”.

“Basta de mentiras”, enfatizou o portavoz nacional, quen pediu “concrecioń nas actuacións, orzamentos, prazos de execución claros, máis obras, menos palabras e menos enganos”.

Mais, en lugar diso, insistiu Guillerme, o presidente do goberno galego está a actuar “como tapadeira dos incumprimentos do goberno central. Estamos ante un feito grave: a posibilidade de que se adíen sine die as infraestruturas ferroviarias”.

GALIZA NON MERECE ESTE TRATO

“Galiza non merece este goberno nin este trato”, dixo o portavoz nacional, ao tempo que se referiu á “grave situación que estamos a padecer frente á que o goberno de Feijóo se limita a repetir a cantinela da austeridade, frente á desfeita do sector lácteo, ao naval paralizado por decisións políticas sobre o tax lease, co banco resultante da caixa avanzando na dirección que pronosticamos, camiño de ser vendida a prezo de saldo”.

O portavoz nacional lanzou duras críticas contra o goberno galego nesta situación, “un goberno disposto a que lle fagan os orzamentos en Madrid”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]