O BNG cualifica de "día de loito para Galiza" o falecemento de Isaac Díaz Pardo

Santiago de Compostela, 5 xaneiro 2012.- O BNG, a través do seu portavoz nacional, Guillerme Vázquez, expresou hoxe en rolda de prensa o seu pesar polo falecemento de Isaac Díaz Pardo.

Guillerme considerou que hoxe “é un día de loito para Galiza” e expresou “en nome do BNG o noso profundo lamento polo falecemento de Isaac Díaz Pardo, unha das personalidades máis importantes da cultura galega”. Igualmente, transmitiu “as nosas condolencias a familiares e achegados”.

Ademais, Guillerme lembrou que “a figura de Díaz Pardo representou a defensa do autogoberno galego, de defensa da lingua e da cultura de Galiza”.

Por iso, ante o anuncio do goberno da Xunta de realizarlle unha homenaxe, o portavoz nacional do BNG asegurou que “a mellor homenaxe que lle podería facer é actuar en consecuencia con esas ideas, pero o goberno de Feijoo actúa en sentido contrario”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]