O BNG chama á sociedade galega a participar nas concentracións de Queremos Galego pola censura dun libro por parte do Valedor do Pobo

Imaxe da pancarta do BNG nunha mobilización da plataforma Queremos Galego

Santiago de Compostela, 14 Decembro 11.- O BNG fai un chamamento á sociedade galega para que participe nas diferentes accións convocadas pola plataforma cidadá Queremos Galego en protesta pola resolución do Valedor do Pobo instando á retirada dun libro do mercado por reproducir nas súas páxinas o artigo do Estatuto de Autonomía no que se di que "o galego é a lingua propia de Galiza".

A plataforma cidadá, da que fai parte o BNG, vén de convocar dúas concentracións esta semana en protesta por esta censura. A primeira delas será mañá, xoves, 15 de decembro, diante da sede do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, Santiago de Compostela) ás 11.30 horas e á mesma asistirá o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, ademais de diversos cargos orgánicos e institucionais do BNG. A segunda será o sábado, 17, na praza do Toural, en Santiago de Compostela, ás cinco da tarde.

Asemade, a plataforma Queremos Galego fai  un chamamento á cidadanía para que envíe correos á presidenta do Parlamento de Galiza esixindo o cese inmediato de Benigno López como Valedor do Pobo, así como ao presidente da Xunta, reclamando o cesamento do conselleiro de Educación por amparar esta decisión. Podedes descargar a carta na web de Queremos Galego.

O BNG súmase a estas mobilizacións e esixe, como de feito xa fixo na Cámara Galega, o cese do Valedor do Pobo e de Jesús Vázquez, responsábel de Educación. Lembramos que o texto que se inclúe neste libro é "literalmente" o que aparece no artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía de Galiza que se limita a lembrar que "o galego é a lingua propia de Galiza",

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]