Guillerme: "Rajoy é máis do mesmo: obediencia a Merkel e ao IV Reich que está a impor Alemaña"

Santiago de Compostela, 1 decembro 2011.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou hoxe que “en contra do que se nos vendía nas eleccións de que era o cambio, estamos vendo como Rajoy e o PP son máis do mesmo: máis dereita e obediencia cega ao que diga a emperatriz Merkel, nese IV Reich sen tanques que nos está a impoñer Alemaña”.

Guillerme lembrou que “as políticas de dereitas que se viñeron aplicando contra a crise son equivocadas e fracasadas, xa que están aumentar as dificultades das empresas e dos autónomas”.

Ademais, advertiu de que os recortes sociais que practica o PP dende a Xunta e até agora o PSOE dende o Goberno Central “están a ter unhas consecuencias moi negativas: conxelación e redución das pensións, conxelación do gasto social”.

Recortes de Feijoo no gasto social e morte de dous indixentes na Coruña

Así, o portavoz nacional do BNG denunciou que “dende a Xunta de Galiza se recorta o gasto social e logo vemos as consecuencias desastrosas para a xente, como dous indixentes que morren na Coruña na rúa sen que ninguén lles bote unha man”.

Recortes do PP na Sanidade

Advirte de que "a diminución do gasto social que fai o PP está a ter consecuencias desastrosas para xente” e lembra os dous indixentes falecidos na rúa na CoruñaNo mesmo sentido, “e diga o que diga Feijoo”, Guillerme denunciou que “cada día máis persoas teñen máis dificultade para acceder á sanidade pública e gratuíta”.

Rajoy obedece o que diga Merkel e os banqueiros

Ante esta situación, e fronte ás promesas eleitorais, Guillerme afirmou que “Rajoy de cambio nada, aplicará máis receitas de dereitas”.

Ademais, criticou que “nin contexto no que Alemaña está a impoñer sen tanques o IV Reich en Europa, Rajoy se limita a dicir que cumprirá punto por punto coas esixencias de Merkel”.

Igualmente, amosou “a nosa preocupación porque as primeiras entrevistas de Rajoy tenas cos grandes banqueiros”.

“Ao BNG danos malas vibracións a reforma laboral de Rajoy”

“E malas vibracións nos da ao BNG -advertiu- que antes de ser investido como presidente a primeira medida que pon Rajoy e o PP enriba da mesa é facer unha nova reforma laboral”.

Asegura que a reforma laboral que impulsa Rajoy “suporá perda de dereitos laborais, máis temporalidade, despidos máis baratos e non servirá para crear máis emprego, en todo caso pior emprego”E é que para o portavoz nacional, o PP “está volvendo a utilizar o medo que provoca na xente a situación de paro tan grande para impoñer o que eles din unha medida racional e que provocará o efecto contrario: máis precariedade, máis indefensión dos traballadores e traballadoras e non resolverá para nada o problema da crise”.

“Iso si -recoñeceu-, esta reforma agravará a crise social, agravará a situación de pemes e autonómos e non servirá para crear máis emprego; pode que sirva para crear peor emprego, pero non máis”.

Por iso, Guilerme concluíu que “o cambio que nos prometía o señor Rajoy en eleccións limítase a máis política de dereita, máis recortes, máis desigualdade e a mesma entrega ao poder de Alemaña e aos banqueiros”.

Propostas do BNG

Fronte a estas políticas de dereitas, Guillerme puxo en valor as propostas do BNG para saír da crise: máis democracia, que os gobernos estean ao servizo da xente e metan en cintura aos banqueiros e aos especuladores.

Do mesmo xeito defendeu orzamentos que impulsen o gasto produtivo e que, cando menos, manteñan o gasto social; así como unha reforma fiscal para que pague máis quen máis ten e unha loita decidida contra o fraude e os paraísos fiscais.

“E de recortar -engadiu-, que se faga no gasto improdutivo, especialmente o gasto militar, e nunha reforma administrativa, coa supresión das deputacións”.

Por último, Guillerme volveu insistir na necesidade de impulsar unha banca pública, “pois a banca privada segue sen fornecer o creto que se necesita”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]