"A UE está liquidando o sector naval galego", afirma Guillerme ante a negativa ao novo tax lease

Santiago de Compostela, 3 Novembro 11.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, criticou duramente a decisión da UE de rexeitar a proposta que estaba enriba da mesa sobre o tax lease que dea continuidade ao naval. “A decisión da UE conleva aliquidación do sector naval en Vigo”, afirmou, “é absolutamente intolerábel”.

Guilerme enfatizou que “esta decisión tómase ante a absoluta pasividade e falta de actuación do goberno estatal e da Xunta”.

“Por esta vía non se pode seguir de ningunha maneira”, asegurou, “xa está ben de decisións onde non importa a xente, o emprego e Galiza”.

“Hai que rebelarse e dicir que basta xa de tanta pamplina, tanta UE”, afirmou, ao tempo que lembrou que “non podemos permitirnos que desapareza un sector como o naval e que se incrementen as cifras de paro na comarca de Vigo”.

O líder nacionalista fixo estas declaracións nunha rolda de prensa posterior a unha reunión co secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]