Guillerme ironiza con que Feijóo "efectivamente non foi ao Bernabéu porque estaba en Buenos Aires"

O portavoz nacional afirma “era para pedirlle a Feijóo que o cese”, en alusión ao superdelegado de Ourense, “pero case que se cese a sí mesmo”

Santiago de Compostela, 21 Outubro 11.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, ironizou hoxe coas declaraciońs do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a presenza do superdelegado de Ourense nun partido no Bernabeu en plena vaga de incendios, “efectivamente, el non o faría así, el non foi ao Bernabeu porque estaba máis aló, en Buenos Aires”.

O líder nacionalista asegurou que “ese é o exemplo da responsabilidade que ten este goberno. Podemos pedir a dimisión, pero o señor Núñez Feijóo debía empezar por cesarse a sí mesmo”.

“O señor Núñez Feijóo fuxe das responsabilidades e bótalle a culpa ao goberno anterior ou a Recaredo, o rei godo”, ironizou Guillerme que lembrou que “o que lle compete ao presidente da Xunta é ter medios materiais necesarios para facer frente a esta situación”, ao tempo que lembrou que “este mes de outubro non foi coma outros” e insistiu en que “para fuxir das responsabilidades, o señor Feijóo é capaz de dicirnos calquera cousa”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]