O BNG e o Bloco de Esquerdas reúnense hoxe no Porto para acordar unha posición conxunta sobre as ligazóns ferroviarias ou as peaxes de autoestrada entre Galiza e Portugal

Porto, 7 outubro 11.- A deputada do Parlamento Galego e membro da Executiva Nacional do BNG, Ana Luísa Bouza, xunto co secretario nacional de Relacións Exteriores e Emigración, Gonzalo Constenla e a portavoz do BNG en Bruxelas e futura eurodeputada, Ana Miranda manterán esta tarde unha xuntanza de traballo con João Semedo, vice-presidente do Grupo Parlamentar do Bloco de Esquerda (BE) na Assembleia da República portuguesa; Catarina Martins, tamén deputada do BE na Assembleia da República e José Castro, membro da coordenadora nacional do BE para o traballo local e deputado municipal no Porto.

O obxectivo da xuntanza é acordar un posicionamento conxunto entre o BNG e o BE na defensa de políticas públicas para o desenvolvimento socioeconómico da eurorexión Galiza-Norte de Portugal, coa seguinte axenda:
1 ) Ligazóns ferroviarias
2) Portaxes das SCUT’s
3) Situación dos Estaleiros Navais
4) Reforma da Política Común de Pescas
5) Protección do sector leiteiro
6) Aprofundamento das relacións linguísticas e culturais

O encontro terá lugar no Solar do Vinho do Porto, ás 17.00 hs (hora portuguesa) seguido dunha conferencia de imprensa, no mesmo local, unha hora despois.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]