O BNG lamenta o feche de Xornal.com e constata que desde que goberna o PP cada día hai menos galego e menos pluralismo nos medios

A formación nacionalista mostra a súa solidariedade ás e aos traballadores afectados pola desaparición do dixital

Santiago de Compostela, 19 Setembro 11. O BNG lamenta o feche de Xornal.COM -noticia que trascendeu hoxe- polo que representa de merma para o pluralismo mediático no noso país.

O desaparecimento dunha cabeceira significa sempre o empobrecimento do debate público nunha sociedade que se di avanzada como a nosa.

O BNG constata que desde que o PP goberna Galiza cada día hai menos presenza da lingua galega e cada vez hai menos pluralismo nos medios de comunicación do País.

O BNG quer ante todo mostrar a súa solidariedade ás e aos traballadores afectados polo desaparecimento deste medio dixital.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]